1. Completa o formulario

Inclúe tantos detalles como sexa posible, e especifica as especialidades nas que desexas cursar.

2. Avaliamos a túa solicitude

O festival reunirase nunha comisión para decidir as aceptacións das inscricións unha por unha.

3. Recibirás a confirmación

Ao completar os dous requisitos o alumno recibirá un e-mail de confirmación de aceptación como alumno en Son As Pontes.

O Festival de música clásica As Pontes está deseñado para a participación dos alumnos nas súas catro clases maxistrais individuais, grupais ou as dúas variantes dependendo do tipo de matrícula que seleccione, ao longo de seis días e ademais terán a posibilidade de participar na orquestra que se formará durante a realización do curso. Dentro do ciclo de novos intérpretes os músicos seleccionados terá a posibilidade de ter un pianista acompañante para que realicen os seus recitais nos lugares habilitados.

Para matricularse únicamente hai que completar o formulario de inscrición.

PREzOS

165€

Instrumento

90€

Cámara

230€

Instrumento + Cámara

Datos persoais


Se es menor de idade, por favor indica o número dos teus pais ou titores

Sobre o curso


É posible elixir 2 profesores dentro da mesma especialidade

Opcións extra


É posible comer e cear no restaurante Teresa polo económico prezo de 18 euros por persoa con primeiros, segundos, sobremesa e café. O pago realizarase o primeiro día.
O hostal Fornos ofrece aos alumnos matriculados no curso a opción de durmir, o prezo inda está por concretar.

Preguntas frecuentes

O hostal Fornos ofrece aos alumnos matriculados no curso a opción de durmir en habitación compartida por 19 euros ao día. Está a 500 metros do centro da cidade e a 800 metros do conservatorio.

A organización ofrece a posibilidade para comer e cear no restaurante Teresa polo económico prezo de 16 euros (8+8 por se só se quere unha comida ao día) por persoa con primeiros, segundos, sobremesa e café. Está a un quilómetro de distancia do conservatorio e a 180 metros do hostal Fornos.

https://casateresarestaurante.es