Festival de
música clásica

Experiencia compartida
con profesionais

Ciclo de novos intérpretes e concertos

15-20 de Xullo
As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

BENVIDOS Á 4ª EDICIÓN DO FESTIVAL SON AS PONTES 

 

O Festival de música Son As Pontes é unha proposta artística e pedagóxica que se centra na realización de concertos e clases maxistrais entre os días 15 e 20 de xullo do ano 2021.

Os recitais levasen a cabo grazas aos artistas invitados, aos alumnos seleccionados que participarán no ciclo de novas promesas e que terán á súa disposición un pianista acompañante, o ciclo de cámara no que os alumnos máis avantaxados poderán compartir atril cos profesores do certame, e finalmente o concerto da orquestra do festival.

A proposta didáctica que presentamos é unha minuciosa selección de profesionais que están a realizar un gran labor pedagóxico e concertística. Escollidos desde diferentes ámbitos como pode ser o músico de orquestra, de cámara, solista ou docentes con gran experiencia. O noso obxectivo é alcanzar o mellor resultado artístico posible grazas ao compromiso do profesorado e á implicación do alumnado. 

Dende a organización queremos sinalar que o Festival se desenvolverá nunha contorna escrupulosamente  preparada para o desenvolvemento da actividade profesional, con todas a medidas sanitarias de estrito cumprimento.