Rául Mirás

Cello

Natural da Coruña, comeza os seus estudos musicais con Ilia Keilin, graduándose en Musikene con Asier Polo. Posteriormente realiza estudos de máster na Musik-Akademie Basel con Thomas Demenga e na Hochschule für Musik Rostock con Julian Steckel.

Durante a súa formación obtivo o apoio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación BBVA, a AIE, a Ad-Infinitum Foundation ou a Fundación Alexander von Humboldt e foi galardonado en competicións como o Concurs Mirabent i Magrans (1er Premio. Sitges, 2013), Concurso Juventudes Musicales de España (Premio Bärenreiter, 2010) ou o Certame Círculo de Artesáns de Galicia (2º Premio, 2008).

Actuou como solista xunto a orquestras como a  Sinfónica de Tenerife, Orquesta Gaos, Orquesta Sinfónica de Musikene, FRSinfonieorchester Rostock ou a Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, interpretando os concertos de A. Dvorak, E. Elgar, D. Shostakovich ou o Don Quixote de R. Strauss. Realiza recitais en España, Italia, Suiza ou Alemaña, participando en festivais como o Festival Bal y Gay, Zermatt Festival, Akademie Rutesheim, Gustav Mahler Academy, Montreux Festival ou Lucerne Festival.

Desenvolve unha intensa actividade como músico de cámara. Realizou estudos de cuarteto de corda con Natasha Prishepenko na Universität der Künste Berlin, e traballou con mestres como Andoni Mercero, Sergio Azzolini, Anton Kernjank, Walter Levin ou Rainer Schmidt.

Moi comprometido coa labor pedagóxica, Raúl foi profesor de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA), e realiza masterclasses en España, México ou El Salvador. É director artístico do Festival de Música de Cámara Son As Pontes.

Formou parte da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, da JONDE e da Gustav Mahler Jugendorchester e foi academista da Rundfunk-Sinfonieorchester Berlin. Colabora con orquestras como a Philharmonia Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Filarmónica de Gran Canaria, Plural Ensemble, Orquesta de la Comunidad Valenciana, Orquestra Sinfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya ou a OSCyL, actuando baixo a batuta de D. Slobodeniouk, A. Méndez, D. Gatti, D. Afkham, V. Jarousski, C. Davis, M. Janowski ou H. Blomstedt.

 

Dende 2018 é violoncello solista da Sinfónica de Tenerife, e en 2020 incorporouse como cello principal da Orquesta Sinfónica de Galicia.