Alicia Permuy

Piano

Nace en Lalín (Pontevedra), onde comeza a estudar piano e violín a a idade de sete anos. En 1995 prosegue os seus estudos en L’ Escola de Música de Barcelona con Albert Attenelle (piano) e Jordi Moura (música de cámara), ao mesmo tempo que asiste a diferentes cursos con Irina Zariskaya, Manuel Carra, Almudena Cano ou Josep Colom.

En 1999 obtén unha bolsa da Deputación de Coruña e trasládase a Holanda, onde realiza os estudos de Postgraduado no Brabants Conservatorium de Tilburg con Ton Demmers (piano) e Jan Gruithuyzen (música de cámara). Se gradúa en 2002 con mención especial ” Summa Cum Laude” e é elixida entre os mellores alumnos do último curso para tocar no ” Laureatenconcert”. Tras terminar o Postgraduado continúa os seus estudos con Jan Wijn, recoñecido pianista e pedagogo holandés.

Obtivo diferentes premios e diplomas como, por exemplo, o 3 er Premio no III Concurso “Ciudad de Segovia” (1994), Premio de Honra “Fin de Grao Medio” (Lalín, 1996), Diploma de ” Licenciate in Pianoforte Playing” da Guidhall School of Music and Drama (Londres, 1996), 3º Premio no XII Concurso Internacional de Piano ( Berga, 1997), Matrícula de Honra e Premio Fin de Carrera (A Coruña, 2001), Diploma de Postgraduado, Master Degree ( Tilburg, Holanda, 2002), Finalista do VIII Ciclo de Novos Intérpretes (Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 2003), 2º Premio no I Concurso de Piano organizado pola ASGAIM e Premio á mellor interpretación de música galega (A Coruña, 2004), Premio Especial ao mellor pianista acompañante no 3º Certame Nacional de Interpretación Intercentros (Madrid, 2004).

 

Realiza un intenso labor como pianista acompañante, destacando o traballo que desempeña en masterclasses con, por exemplo, os clarinetistas Joan Enric Lluna, Michael Harris, José Luís Estellés, Antony Pay, Hans Deinzer, Antonio Saiote ou Walter Boeykens. Ademais, posúe unha ampla experiencia orquestral: colabora con asiduidade coa Orquestra Sinfónica de Galicia, tamén tocou coa Orquestra Ciudad de Granada ou a Sinfónica de Bilbao. Esta actividade levouna a tocar en escenarios tan importantes como o Musikverein de Viena, a Kölner Philharmonie ou o Auditorio Nacional de Madrid, entre outros, e permitiulle traballar con mestres da talla de Michail Jurowski, Jesús López Cobos, Ton Koopman, Alberto Zedda, Christian Zacharias, Dima Slobodeniouk ou Lorin Maazel.

Deu recitais en España ( L’ Auditori de Barcelona, Auditorio Manuel de Falla de Granada,..), Bélxica, Holanda, Portugal e Francia, iniciando a súa carreira de solista coa Brabants Conservatorium Orkest. Tamén tocou como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia e gravou para RNE (2005). 

Actualmente é profesora de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña, ao mesmo tempo que perfecciona os seus estudos con Eugen Indjic (antigo alumno de, entre outros, V. Horowitz e A. Rubinstein).