Álex Salgueiro

Fagot

Fagotista da Sinfónica de Galicia, na que traballa desde 2006, graduouse na Escola Superior de Música de Catalunya, onde estudou con profesores como Josep Borràs (fagotes históricos) Bernardo Verde, Giorgio Mandolesi e David Tomàs. Durante a súa formación foi membro de diversas orquestras novascomo a JONC, IRO, JONDE ou a EUYO.

Ten colaborado con varias orquestras profesionales como por exempro, a Orquestra de Cambra de Granollers, Ensemble BCN216, Grupo Instrumental s. XX, Taller Atlántico Contemporáneo, Simfònica del Vallès, Orquestra del Gran Teatro del Liceu, Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Sinfónica de la RTVE, Sinfónica de Navarra ou Orquestra Gulbenkian.

Á vez colabora como profesor na Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia e na Jove Orquestra Nacional de Catalunya, ten impartido clases maxistrais en Lalín, Vic e Cádiz, e foi invitado como profesor á Academia de Música Contemporánea del Festival Via Stellae e a 4 edicións do Campus de Música da Federación Galega de Bandas de Música Populares. Foi 2 anos director da Banda de Terrassa.