Antonio Suárez

Clarinete

Natural de Abegondo é profesor de clarinete no Conservatorio de Culleredo. Graduado no Conservatorio Superior de Música da Coruña con Carlos Cassadó, tamén perfeccionou os seus estudos con Juan Antonio Ferrer e Vicente Alberola entre outros.

Foi galardoado coa mención de honra do concurso “Excelencia Musical” da Xunta de Galicia e da Fundación Paideia e por mor diso gravou o Cd “Música e Proxecto”. Foi membro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, da Nova Orquestra Nacional de España e da Gustav Mahler Jugendorchester. 

En 2008 foi invitado ao prestixioso curso Mastercourse Kazuza en Tokyo (Xapón). Colaborou coa Sinfónica de Galicia, coa Sinfónica de Madrid e coa orquestra francesa Les Dissonances entre outras. En xullo de 2009 estreou o concerto para clarinete de Óscar Navarro tocando como solista acompañado pola JONDE e en 2011 interpretou o Concerto para clarinete de Wolfgang Amadeus Mozart en tódalas catedrais galegas xunto á Orquesta Gaos.

Ademáis, ten sido invitado como profesor a Joven Orquesta de Soria e a JONC, ao igual que ao Campus da Federación de Bandas Populares de Galicia.”

Na actualidade compaxina a súa labor docente no Conservatorio de Culleredo cunha gran actividade camerística co ensemble Zoar.